24 sept 2014

COMEZARON AS EXPOSICIÓNS ORAIS EN BACHARELATO




XA CO CURSO PRINCIPIADO, o Departamento de lingua e literatura galega, a través dos seus cursos de bacharelato, comezou coa actividade de desenvolvemento das exposicións orais en aula.

Os requirimentos son os mesmos cós doutros anos: Tema libre, precisión nos argumentos, coherencia e progresión temática dos razoamentos, non ler, remitirse a  unha estrutura esquematizada en forma de ARE, acudir aos principios de autoridade, realizar as fórmulas lingüísticas de salutación e despedida, apoio dos soportes dixitais: tablets, taboleiros, música en calquera soporte sen esquecer as referencias as fontes bibliográficas autorizadas.

Ánimo aos alumnos novos que comezan a singradura no noso colexio e están un chisco desorientados. A palabra en galego debe brillar con forza malia os nervios. Sempre hai unha primeira vez e ninguén nace sabio, e menos na oratoria.

BENVIDOS AO NOVO CURSO DA PALABRA E DISCURSO BEN EXPRESADOS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario