24 sept 2014

COMEZARON AS EXPOSICIÓNS ORAIS EN BACHARELATO




XA CO CURSO PRINCIPIADO, o Departamento de lingua e literatura galega, a través dos seus cursos de bacharelato, comezou coa actividade de desenvolvemento das exposicións orais en aula.

Os requirimentos son os mesmos cós doutros anos: Tema libre, precisión nos argumentos, coherencia e progresión temática dos razoamentos, non ler, remitirse a  unha estrutura esquematizada en forma de ARE, acudir aos principios de autoridade, realizar as fórmulas lingüísticas de salutación e despedida, apoio dos soportes dixitais: tablets, taboleiros, música en calquera soporte sen esquecer as referencias as fontes bibliográficas autorizadas.

Ánimo aos alumnos novos que comezan a singradura no noso colexio e están un chisco desorientados. A palabra en galego debe brillar con forza malia os nervios. Sempre hai unha primeira vez e ninguén nace sabio, e menos na oratoria.

BENVIDOS AO NOVO CURSO DA PALABRA E DISCURSO BEN EXPRESADOS!


1 may 2014

Primeiros de Auria e Quintos de Galiza.

Os representantes do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense, acadaron o 5º posto nesta edición do Parlamento Xove 2014, sendo o único colexio auriense en participar a nivel nacional. O debate eliminatorio foi contra o Colexio La Salle da Coruña, desta gañador na casa. Un debate que sen dúbida foi digno dos mellores debatentes e tivo un nivel considerábel.
Os nosos representantes tiveron o privilexio de asistir a final na sede da soberanía nacional a que acudiron cun caravel vermello, solidarizándose co pobo irmán de Portugal, neste corenta aniversario da "Revolução dos Cravos".
Quedámonos en fin co orgullo e o rixo de ter representado a nosa benquerida cidade  a nivel de Galiza, deixandoa onde unha cidade cultural e galeguista como a nosa ben o merece.
Noraboa a todos e até a próxima edición do Parlamento Xove. Sempre encantados de darlle a palabra e a verba oral o valor que ten.

26 abr 2014

Imos a final co traballo por lema!


Este mesmo venres saía cara Santiago o noso equipo de debate, tras meses de duro traballo e cunha clasificación óptima, a pesar da derrota ante o IES de Becerreá, que lle permitiu ó noso centro estar representado na final do Parlamento Xove 2014. Tanto Xián, Elena, Ana , Carlos como David, foron a Santiago, con gañas de debater e facer que o valor da palabra valese por si mesmo.
Os principios do traballo e a constancia sen lugar a dúbida serán a nosa ferramenta nesta final que se aproxima. Agora xa só nos queda agardar polos resultados.

Sorte equipo!

27 feb 2014

Logo do empate, imos a Santiago!




















O equipo Colexio Plurilingüe Divina Pastora 2014, dirixirase este venres a Santiago, para desfacer o empate técnico que o noso equipo de debate contraeu cos debatentes do IES de Becerreá. Será unha loita pola séptima praza, unha loita cargada de cultura, intelectualidade e rixo!, unha mostra de que coas verbas tamén se poden gañar batallas.
Gañe quen gañe, para nós será unha victoria poder facer da palabra a protagonista na capital do país. Agardemos que os nosos representantes sexan quen de traer a victoria á Ourense.
A guisa de apoio acudirán os membros do equipo veterano do ano 2013.

Adiante!

22 feb 2014

O equipo, no bo camiño.



Logo de recibir o apoio dos seus compañeiros os membros do Equipo de debate do Colexio plurilingüe Divina Pastora 2014, dirixíronse a capital do país coa Intención de chegar á fase final.
Os debates sucedéronse e tanto Carlos, Elena, David como Ana avanzaban con paso firme. Definitivamente como moitos de vós saberedes clasificámonos para a final, con dous de tres debates ó noso favor.


Outro ano teremos o pracer de representarvos a todos vós, nesta nova edición do de Parlamento Xove 2014, neste 75 aniversario do noso Colexio. Pero antes loitaremos por desempatar co IES de Becerreá 2, polo séptimo posto. Seguiremos traballando e Avanzando con paso firme. Adiante!

14 feb 2014

Comeza a aventura da palabra

Hoxe, día de San Valentín, o Colexio Divina Pastora Franciscanas de Ourense, a través da representación do seu Equipo de Debate irá competir na fase clasificatoria da V Edición do Parlamento Xove na sede da Deputación da Coruña.

Os membros, todos alumnos de 1º de bacharelato son Carlos Seoane, Ana Arias, Elena Blanco e David Cebreiros. Todos catro traem traballado arreo na investigación e elaboración de argumentos e evidencias desde a volta das vacacións.

Grazas a eles e os anteriores formastes do Equipo: Serxio, Elena Bangueses, Jorge Cordero e Carmiña. Tamén os de segundo botaron un cabo e ensaiaron entre eles.


Ánimo, oradores e investigadores

E que a Forza do galego vos acompañe!